O xoves día 13 o alumnado de 1º e 2º da ESO
gozou dunha mañá na impresionante paraxe das Fragas de Eume como parte da
realización dun proxecto no que están a traballar.
Acompañados de D Ignacio Permuy fixemos un roteiro recibindo as explicacións e aclacións que xurdían ante o percorrido.
Rematamos coa visualización dun video e a visita ao cenro de interpretación.
Agradecemos a colaboración e disposición dos seus empregados, tanto de D. Ignacio Permuy como de D. Luis Costa, que fixeron unha impotante aportación ao densenvolvemento do proxecto.
Coñecer a nosa contorna é básico para respectala, apreciala e tamén para presumir dela. Debemos estar orgullosos do noso e estas saídas didácticas son o xeito de que os nos@s rapaces e rapazas descubran en profundidade o valor que ten o que temos tan pretiño. Grazas profes.
ResponderEliminar