jueves, 20 de marzo de 2014

Quen vive aí?

O alumnado de 1º de ESO estivo inmerso na realización do proxecto Quen vive aí, tomando como punto de partida o incendio acontecido nas Fragas. Tras a  proposta e presentación, faise unha recollida de material relacionado con ese entorno natural. Recibimos a visita do Director do Parque e antigo alumno do colexio, D. Jorge Vázquez Rey; que falou  do ecosistema das Fragas do Eume e da importancia de conservalo.
Aquí estamos todos co director do Parque Natural Fragas do Eume


A portada seleccionada por todos





Distribuídos en equipos realizaron o mapa mental do contido do libro e o deseño da portada que logo sería elixida por votación.
Comezouse cunha labor plástica de tinguido dos folios para avellentalos e a preparación de papel reciclado para confeccionar a portada. Unha vez seleccionado o deseño pasouse a decorala.


                       
Cada alumno do equipo encargouse dos animais que lle foron asignados: elaboración de fichas, poemas, adiviñas, lendas... relacionados co tema, e da súa ilustración, traballo que recollen en Word e comparten co resto de compañeiros.




O traballo levouse a cabo utilizando as estruturas cooperativas de folio xiratorio, 1-2-4, etc ; o que propiciou a participación de todos os membros do equipo. Aplicouse tamén a destreza de “resolución de problemas”, que concluíron coa redacción dunha carta dirixida a aquel colectivo ou persoa de quen queren chamar a atención para poñer os medios necesarios, e así  evitar  os incendios e conservar a natureza.
Tras fotocopiar os textos nos folios preparados con antelación, procederon a coselos e encadernalos.

Aínda que levou algún tempo máis do previsto, o alumnado gozou durante o proceso,  quedando bastante satisfeitos do resultado final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario